Ola!, que tal? Hoxe veño con unha recensión diferente. Diferente porque a
fago en galego, non por outra cousa. O afortunado deste día é Era por setembro de Xavier Quiroga. Como
sempre acabo dando máis voltas que a agulla dun reloxo vou comezar xa :)
SINOPSE
Aldara, a recente ministra do goberno de esquerdas, regresa a súa vila natal para asistir a un enterro dun dos seus seres queridos. Durante a súa precipitada viaxe, rememora o que sucedeu alí hai trinta anos, coincidindo co inicio da súa adolescencia. Foi o encontro coa figura de don Manuel -o primeiro amor da súa nai- e os conflitos co seu pai, motivados pola súa amizade con este escritor condenado á soidade e vixilado polos seguidores do réxime, os acontecementos decisivos que levarán a Aldara a perder definitivamente a inocencia e a descubrir que non hai razóns para ter medo de encarar a vida sempre que salvemos os ideais.
A MIÑA OPINIÓN (SEN “SPOILERS”)
Desta recensión saco a conclusión de que
teño que ler máis en galego. Que, a pesar de ser unha lingua que me parece fermosa,
acáboa esquecendo sempre e limítome a ler libros en castelán (algo moi triste, a verdade)… Propoñereime como
obxectivo ler máis en galego, prométoo.
Por que lin esta novela? Pois porque era
o libro de lectura obrigatoria de galego e, aínda que non tiña moitas
expectativas, foi un libro que rematou por gustarme. Voume deixar de tanta
leria e intentarei ir ao meollo do asunto…
A historia preséntanos a unha Aldara adulta que rememora as súas vivencias
como adolescente e o seu paso dende a infancia cara á vida adulta. Reflicte,
tamén, algúns dos seus medos, reflexións sobre a vida… cuestións que todos,
nalgún momento, nos preguntamos.
Con esta trama de contexto, esta novela
pon temas por enriba da mesa que nos deixan reflexionando. Temas como o
franquismo, o machismo, o alcolismo, os estereotipos e os prexuízos son
tratados en diferentes ocasións ao longo da obra.
A historia preséntanos uns personaxes
ben construídos, realistas e cribles. Destaca a personalidade da protagonista
que, a pesar de vivir nunha sociedade moi influída polas ideas franquistas, de
ver de preto a violencia de xénero… ten unha mentalidade completamente aberta e
disposta a non conformarse cunha resposta banal e sen argumentos. Ademais, os
personaxes tamén axudan a reflectir a mentalidade do momento. A familia de
Aldara é un claro exemplo. Luís, o pai, que é claramente de dereitas. A favor
das ideas do franquismo e dos ideais dunha sociedade que defende a
superioridade do home, actúa e mostra un comportamento conservador. Unha persoa
que ten que ter probas absolutas e irrefutables para crer algo, duro e estrito
e que ten por sinónimo a palabra educar por impoñer os seus ideais. A nai,
aínda que se sobreentenda que é máis liberal, nunca dá a súa opinión, polo
menos, non diante do seu marido. Tampouco se queixa da súa situación na casa,
acepta submisa os malos tratos e non se defende. Unha muller que quedou marcada
pola súa xuventude, quizais arrepentida por non ter feito outras cousas da súa
vida.
Os temas tratados dunha maneira
diferente, a fluídez do libro, o ritmo áxil e a sinxeleza son das cousas que
máis me gustaron da obra. Tamén me gustou moito a personaxe de Manuel como
medio para facernos pensar sobre a vida, o paso do tempo, os estereotipos, a
resistencia… Así mesmo, o autor soubo poñerse na pel dunha adolescente que nos
narra as preocupacións típicas desta idade en primeira persoa, na miña opinión,
algo bastante complicado.
Pola contra, paréceme que, aínda que o
ritmo da novela é áxil, o comezo é algo lento, un pouco discorde co resto da
composición. Igualmente, paréceme orixinal que a obra se narre en dous tempos,
pero penso que non son moi relevantes as contribucións que lle dan á historia.
Nada que un epílogo non poida solucionar.
En resumo: Era por
setembro é unha novela de tese que nos fai pensar nunha actitude crítica
sobre os estereotipos, a violencia, o franquismo… Unha obra diferente, a pesar
de ambientarse nunha época que se emprega bastante como contexto literario, que
nos fai ver a rápida maduración da protagonista ante unhas situacións tan
complicadas (quizais un disfrace literario para falar das propias vivencias do
autor). Unha historia que tamén ten os seus momentos emotivos e que nos pode
facer saltar algunha que outra bágoa aos máis sentimentais.
A MIÑA VALORACIÓN
E aquí van as preguntas de sempre:
- Se listes o libro: que opinades?,
destacariades algo máis?...
- Se non listes o libro: ¿apetécevos
lelo?, que opinades?
Graciñas por pasarvos por aquí^^. Espérovos na próxima entrada. Un biquiño :33
¡Hola! Te he nominado al "Best Blog Award", si quieres participar puedes encontrar todo aquí: https://martazurera.blogspot.com.es/2016/12/book-tag-best-blog-award.html#more
ResponderEliminar¡Espero que te animes! Un abrazo fuerte.
¡Hola!
EliminarMuchísimas gracias por nominarme^^ Espero hacerlo pronto...
Un besazoo :33